A maior causa de dependencia e morbilidade na madurez son as doenzas, sobre todo as cardiovasculares, o cancro, os problemas neurolóxicos, as dificultades da visión e a doenza pulmonar obstrutiva. E boa parte destes males pode ser prevenida desde a infancia e a adolescencia.
Non foi por casualidade que a Organización Mundial da Saúde adoptou o termo “envellecemento activo” para designar uma nova visión sobre a madureza, que preconiza, ademais da saúde física, a manutención da independencia e da autonomia dos anciáns nos aspectos sociais, económicos, culturais e civis da vida cotidiana. E todo isto implica plena capacidade funcional, isto é, conseguir realizar actividades, desde alimentarse a pagar as contas domésticas, sen axudas.
Con este horizonte cobra moito mais sentido o dito de que mais vale previr do que remediar. Ademais de políticas que garantan a seguridade, o concepto de envellecemento activo e saudable depende da posibilidade de participación activa da persoa así como o seu acceso aos coidados de saúde. De todo o que se pode realizar para adentrarnos nesta etapa como proceso natural e evolutivo, unha parte importante cabe a nós mesmos, calquera que sexa a nosa idade.
É fundamental intervir no noso dia a dia con actividades de prevención e tratamento da saúde como un todo psicocorporal. É aqui onde a práctica contemplativa de Mindfulness se mostra como unha poderosa ferramenta que, desde o exercicio da atención renovada no presente - aqui e agora -, promove as capacidades corporais motoras, a concentración e a memoria, as relacións interpersoais así como a calidade de vida en global dos homes e mulleres. Ter os recursos para aproximarnos ao noso sufrimento significa tamén reencontrarnos coa nosa felicidade orixinal.
A meditación mindfulness é o método para harmonizar os nosos opostos e reforzar desde a base as nosas capacidades naturais, simplemente abríndolles un espazo para manifestárense. O noso organismo vai beneficiarse da acción relaxante do traballo coa atención plena. Un proceso en que imos aprendendo a soltar as loitas emprendidas e non resoltas, permitíndonos ser mais ecuánimes e xenerosos con nós mesmos e asumindo que moitas veces o pensamento sentenciante - productor da nosa voz autocrítica - nos aparta de vivir con plenitude as experiencias cotidianas. Envellecemento activo e saudable para que a vellez se transforme no momento de serenidade e paz que todos queremos nas nosas vidas.
Jose Manuel Lopez
Profesor e instructor de Mindfulness
Reboredo, Maio de 2017
Reboredo, Maio de 2017
Sem comentários:
Enviar um comentário