AUDIMA

segunda-feira, 13 de maio de 2019

Considerado accidente laboral o estrés xerado por un “incómodo ambiente de traballo”

Considerado accidente laboral o estrés xerado por un “incómodo ambiente de traballo”
29-01-2019 - SENTENZA


O maxistrado titular do Xulgado do Social 8 de Bilbao, emitiu unha sentenza na que considera como accidente laboral dun traballador o “incómodo ambiente de traballo” xerado dentro da súa empresa cara á súa persoa e que tiveron a súa orixe nas reclamacións salariais e de categoría que este expuxera e condena a empresa aseguradora, ao Instituto Nacional e á Tesourería da Seguridade Social e á empresa para responsabilizarse das súas consecuencias.


“Non nos atopamos ante o concepto xurídico de acoso no traballo (…), senón máis ben outra figura que vén emerxendo na actualidade e que son os riscos psicosociais, isto é a denominada tensión laboral”, causado polas circunstancias mencionadas.

A empresa, Construcións e Reformas, non aceptou as reclamacións do traballador. Ademais, levou a cabo “uns cambios” na súa “estrutura organizativa” que provocaron no afectado “un estado de ansiedade”.

De acordo co fallo, o empregado comezou a traballar en Construcións e Reformas, (...) desempeñando as súas tarefas no departamento administrativo da empresa. O 2 de febreiro de 2017 iniciou un proceso de incapacidade temporal por continxencias comúns co “diagnóstico de ansiedade”. Foi dado de alta o 30 de marzo dese mesmo ano e despedido o 24 de abril de 2017 recoñecendo a empresa a improcedencia do despedimento.


Unha figura que vén emerxendo na actualidade: os riscos psicosociais


No informe da Inspección de Traballo consta que tanto o representante da empresa como dous traballadores recoñeceron a existencia dun conflito co traballador denunciante, -orixinado pola reclamación dun incremento salarial e de categoría- que derivou nunha perda de confianza do Administrador, que lle revogou as claves que o traballador utilizaba para acceder ás contas bancarias da empresa “ao obxecto de desenvolver as súas tarefas de control e xestión dos pagos e cobros”.

Nesa época, ademais, produciuse a incorporación dun novo responsable do departamento financeiro a tempo completo. Ata setembro de 2016 dita función realizábaa unha persoa externa que faleceu, polo que boa parte da carga de traballo que era responsabilidade do traballador demandante, foi asumida polo novo responsable.

Dende o punto de vista do maxistrado “En esencia o actor está a expor que como consecuencia dun suposto ‘acoso’ no traballo xeróuselle un estado de ansiedade”.

“O acoso moral (“mobbing”) consiste nun agresión do empresario, ou dalgún dos seus empregados co coñecemento e tolerancia daquel, mediante feitos, ordes ou palabras, repetida e duradoura no tempo, co fin de desacreditar, desconsiderar e isolar o traballador, que pode chegar mesmo a deteriorar a súa saúde, con obxecto de conseguir un auto-abandono do traballo, producindo un dano progresivo e continuo á súa dignidade. A resistencia do traballador ante este ataque depende da súa fortaleza psicolóxica e da súa capacidade de sobrepoñerse á adversidade”, apunta o maxistrado.

 “Non nos atopamos ante o concepto xurídico de acoso no traballo como tal (…), senón máis ben outra figura que vén emerxendo na actualidade e que son os riscos psicosociais, isto é a denominada tensión laboral, causado por un incómodo ambiente laboral, como consecuencia da conflitividade laboral orixinada polas reclamacións salariais e de categoría deste, non aceptada de entrada pola empresa, e acompañadas de cambios na estrutura organizativa da empregadora, que provocaron no demandante un estado de ansiedade, que deu lugar ao proceso de IT”, explica.

Sem comentários:

Enviar um comentário